Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TEMPADA 2011/2012
O Comité Galego de Caza analiza a vindeira tempada cinexética
31/5/2011

O pasado mércores día 25 de maio, tiña lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, da cal os acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regule os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a inminente tempada de caza.

Dito Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos, entre os que se atopaba Ramón Rodríguez, Secretario Xeral da FGC e os catro presidentes provincias da Federación Galega de Caza, todos eles encabezados polo seu presidente, Javier Nogueira Diz. Ecoloxistas e representantes das administracións provinciais e autonómica, tamén estiveron presentes así como o Servizo de Protección da Natureza; todos eles baixo a presidencia de Ricardo García Borregón Millán, Director Xeral de Conservación da Natureza.

No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais para establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. Destacando a importancia que adquirirá o control das poboacións do xabaril, para evitar ou cando menos minimizar os danos que este animal causa nos cultivos.

Quedando todo emprazado a que sexa o Conselleiro do Medio Rural o que fixe, ca publicación da Orde de Vedas, as regras que suxeitaran a práctica cinexética na nosa comunidade.

Noutro punto de interese da xuntanza, informouse os asistentes das novidades das normativas que no ámbito estatal se están producindo así como as bases da reforma da Lei de Caza que quere instaurar dita Consellería. 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
02/02/2021
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza