Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
ESCOLA DE CAZA
A RFEC organizará en colaboración coa Escuela Española de Caza un curso de Caza con Arco
Competicións (Percorridos de Caza con Arco / Caza con Arco ao Voo) | Temas: Arco, RFEC, Cursos, Escola de Caza

30/6/2011

Celebrarase os días 23, 24 e 25 de setembro en Castillejo de Robledo (Soria).

Os alumnos inscritos poderán obter o título de “Cazador Arqueiro Cualificado” ao asistir a este curso organizado baixo a tutela da Escuela Española de Caza (EEC) e que será impartido por instrutores nacionais da modalidade.

O Centro de Estudios e Prácticas Cinexéticas da RFEC acollerá este curso, onde os instrutores da RFEC Mariano Gómez García e Alejandro Martín, ademais da posible colaboración dun instrutor da Federación Francesa de Caza con Arco, serán os encargados de adestrar aos alumnos asistentes nas técnicas e destrezas desta fermosa modalidade cinexética.

A situación da caza con arco en España, as técnicas para cada modalidade de caza, estudos técnicos da frecha, estudos anatómicos de pezas, prácticas de tiro ou normas de seguridade son algúns dos temas que abarcará este curso.

Dado que o límite de prazas é de 16, dende a organización recoméndase a reserva inmediata xa que a inscrición farase por rigoroso orde de chegada. Para máis información débese contactar co responsable do curso Alejandro Martín no email a.martin@fecaza.es ou no teléfono 605 043523 ou tamén na RFEC chamando ao número  91 3111411.
 

Máis novas nesta categoría

GALA RFEC
21/5/2012
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza

RRCC CORUÑA
21/5/2012
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial

SILVESTRISMO PONTEVEDRA
9/5/2012
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza