Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA
Mostras de alto nivel en Cedeira
18/8/2011

Proba Copa Galicia e Campionato Galego de Cans de Parada

O pasado sábado día 13 de agosto celebrouse no Tecor de Cedeira a derradeira proba do calendario da Copa Galicia de cans de mostra. Dos puntos obtidos nesta proba, engadidos aos obtidos nos catro provinciais, salía a Selección Galega que  representará a Galicia no Campionato de España que se disputará en Fuensalida (Toledo) os días 10 e 11 de setembro.

Dezaseis parellas en razas británicas e catro en razas continentais, déronse cita no magnífico esceario que é o Tecor de Cedeira e que puxo a disposición da organización, a Federación Galega de Caza.

O día presentouse idóneo para o desenrolo da proba destas características, medio cuberto e cunha lixeira brisa, que se encargaba de transportar as emanacións das perdices aos órganos olfativos dos cans.

As 16 parellas participantes en razas británicas dividíronse en duas baterías (A e B) de 8 parellas cada unha, na batería (A) tamén correrían as parellas de continentais. A batería (A) estivo xuzgada por  Marcial Ramil Hermida e Antonio González Álvarez, e a batería (B) por Esteban Cambón Bertoa e José Mª Álvarez Villar.

O numeroso público que presenciaba esta proba, puido desfrutar de puntos excelentes, obtendo as siguintes calificacións:

Na proba da Copa Galicia o primeiro posto en Razas Británicas foi para “Jana de Bosende” SIF de Andrés Pena Vázquez cun EXC 1º. O segundo posto foi ocupado por “Atos Da Chousa” PM de Antonio Vilar Vigo cunha calificación de EXC 2º. Repetía na terceira posición o SIM “Rambo” de Andrés Pena Vázquez cun EXC 3º.

En Razas Continentais era outra vez Andrés Pena Vázquez con “Piti” GKM cun MB, seguido de José Vicente Cortes Doce co BAM de nome “Denon”.

A Selección Galega en Razas Británicas queda composta polos seguintes cans e conductores: “Sela de Bosende” SIF propiedade de Iván López López con 23 puntos, “Jana de Bosende” SIF de Andrés Pena Vázquez e 20 puntos, “Breco de Reinadama” SIM conducido por Juan C. Arteche Castillo cun total de 17 puntos e “Ada de Reinadama” SIF propiedade de Pedro Rodríguez Sanjurjo con 14 puntos. Como suplente primeiro situouse o  SIM de nome “Sol” propiedade de Pedro Rodríguez Sanjurjo con 10 puntos e “Maco” PM de Alejandro Lorenzo Condesa tamén con 10 puntos.

A Selección Galega en Razas Continentales quedou formada por: “Piti” GKM de Andrés Pena Vázquez e 14 puntos, “Dardo de Coplilla” EBM de Iker Cenzuel Delgado con 4 puntos, “Aris de Pol de Arriba” BAF propiedade de José Vicente Cortés Doce e tamén 4 puntos e “Denon” BAM propiedade de José Vicente Cortés Doce con 4 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO
25/03/2024
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas

PROVINCIAL PONTEVEDRA RRCC
25/03/2024
Blanco Puertas novo campión provincial de pontevedra de percorridos de caza

PROBA XABARIL MEIRA
25/03/2024
O asturiano Luciano Lago con “Rodolfo” gañadores en Meira

XABARIL SALVAXE TRAILLA RIANXO
17/03/2024
Rubén Gómez con “Sil” e o junior Samuel Fernández con “Jara” foron os campións da proba sobre xabaril salvaxe en Rianxo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza