Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA GALICIA RASTRO COELLO
Pais Serrano impúxose como vencedor absoluto en Riveira
5/9/2011

Na proba celebrada o sábado 27 de agosto en Riveira, puntuable para a Copa Galicia.

O pasado sábado, a localidade coruñesa de Riveira acollía a celebración da última proba do calendario, puntuable para a Copa Galicia de Rastro de Coello 2011, na que participaron 92 cans -23 equipos-.

O cazador de Negreira, José Pais Serrano impúxose como vencedor absoluto; Pais que presentaba un lote de beagles foi primeiro na clasificación por lotes con 561 puntos, e ademais o seu can “Boby” facíase co título de Mellor Can, con 155 puntos.

Segundo, e subcampión, foi Domingo Antonio Lista Blanco, de Riveira, con 536 puntos; seguido en terceiro lugar do cambadés, Alfonso Rey Baulde, con 517 puntos, mentres que a cuarta praza era para o cazador de Carballo, Juan Carlos Casas Cambón, con 516 puntos.

A competición, organizada polo Club Amigos dos Cans de Caza, xulgábana os xuíces da FGC Alejandro González, José Manuel Piñeiro, Ramón Barreiro, Nicolás Castro e José Moure.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza