Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
CPTO ESPAÑA CANS PARADA
"Coca de Forwelaz", do muradán Santiago Bas gañador da proba, e "Pitt", do lucense Andrés Pena, cuarto da súa batería
Competicións (Cans de Parada) | Temas: Selección Galega, Deporte Galego
12/9/2011

A pasada fin de semana a localidade toledana de Fuensalida, acollía de vixésima edición do Campionato de España de Cans de Parada, selectiva para o Campionato do Mundo, na que participaba a selección galega da modalidade, entre os que se atopaba o lucense Andrés Pena Vázquez, que participaba en Razas Continentais coa cadela “Piti”, unha grifón korthals, coa que acadaba un cuarto posto na súa batería, coa clasificación de moi bo, tanto na proba do sábado como na do domingo.

Coca de Forvwelaz”, unha epagneul bretón, propiedade de cazador de Muros afincado en Pontevedra, Santiago Bas López, que competía por libre, conducida por Manuel Blanco, facíase co título de gañador absoluto da proba do Campionato de España, en Razas Continentais, tras acadar un primeiro e segundo posto da súa batería, coa cualificación de 1º e 2º excelente, respectivamente, na proba do sábado e do domingo.

Na clasificación por Equipos Autonómicos, o da Comunidade Valenciana impoñíase como campión absoluto en Continentais, mentres que en Británicas o título era para Navarra.

Na clasificación de Seleccións Autonómicas, Crak del Font de Canaletas, de Javier Núñez (Castela e León), en Continentais, e Dori de la Onsella conducido por José Luís Sanz (Navarra) en Británicos serían os novos campións de España, este último tamén se facía co título de gañador da proba do Campionato de España.

 

Máis novas nesta categoría

GALA RFEC
21/5/2012
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza

RRCC CORUÑA
21/5/2012
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial

SILVESTRISMO PONTEVEDRA
9/5/2012
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza