Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
CETRERÍA
Roger Domínguez en Sky Trial e Dolores Abella en Baixo Voo, novos Campións Galegos
Competicións (Cetrería) | Temas: Xinzo de Limia, Ourense

31/10/2011

A proba desputouse no Tecor ourensán de Xinzo de Limia

Os pasado días 29 e 30 de outubro desputouse o Campionato Galego de Cetrería nas modalidades de Sky Trial e Baixo Voo, organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Galega de Cetrería e a Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia.

Na disciplina de Sky Trial concursaron un total de 11 participantes sendo Roger Domínguez cun total de 122 puntos o campión da proba e polo tanto novo campión galego da especialidade. En segunda posición situouse Roberto Fagundez con 82,5 puntos, e xa na terceira posición clasificábase Lucas Boubeta con 73 puntos.

Na especialidade de Baixo Voo nesta ocasión e por primeira vez fíxose diferenciación entre Azores e Harris pero que competiron na mesma categoría, e decir, en Baixo Voo. O azor de Dolores Abella foi o que maior puntuación acadou, cun total de 104,5 puntos, converténdose deste xeito na nova Campiona Galega da especialidade. Foi Pepe Boubeta tamén cun azor o que con 88 puntos acadaba o subcampionato. O terceiro caixón do podio foi ocupado por Manuel Comesaña cunha puntuación de 81,5 puntos.

Sen ter repercusión no Campionato Galego, tamén se voou por segundo ano, a modalidade de Pequenas Aves, na que Raúl Martínez foi o que con 100,5 puntos acadou a maior puntuación.

 

GALERIA DE FOTOS:

Campionato Galego de Cetrería 2011
Máis novas nesta categoría

GALA RFEC
21/5/2012
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza

RRCC CORUÑA
21/5/2012
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial

SILVESTRISMO PONTEVEDRA
9/5/2012
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza