Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
CAZA MENOR LUGO
Antonio González adxudícase o provincial en Sarria
Competicións (Caza Menor con Can)

31/10/2011

Na fase provincial participaron un total de 17 cazadores

O pasado 29 de novembro desputouse na explotación cinexética de A Xesteira, no concello de Sarria, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo coa colaboración de dita explotación.

A xornada transcorreu sen imprevistos e baixo unhas condicións moi óptimas para que cans e cazadores percorreran os montes na procura das diferentes especies de caza menor.

As 13:30 era a hora límite para que os participantes xunto cos seus xuíces fixeran a entrada no control, mencionar que tódolos cazadores fixeron a súa entrada dentro de dito horario previsto.

O Xurado de Competición á vista dos resultados de pezas aportadas ó control, deu a coñecer a clasificación que quedou do seguinte xeito. Antonio González Álvarez cunha percha de 1 perdiz, 1 pomba torcaz e 1 paspallás acadou un total de 760 puntos o que o comverteu deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. En segunda posición clasificouse David González Revaldería con 1 perdiz abatida e 510 puntos, mesmos puntos que Francisco Javier López Salvador quen con unha perdiz abatida ocupaba o terceiro posto da clasificación.

Estes tres primeiros clasificados xunto con Alonso López Fernández e Jaime González Yáñez conformaran o equipo que representará á provincia lucense no vindeiro Campionato Autonómico da especialidade.

 

Máis novas nesta categoría

GALA RFEC
21/5/2012
O equipo raposeiro “Os Magníficos” será galardoado na Gran Gala da Caza

RRCC CORUÑA
21/5/2012
Daniel Cebreiro gañador na fase provincial

SILVESTRISMO PONTEVEDRA
9/5/2012
Un total de 162 paxaros participaron na fase provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza