Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS PONTEVEDRA
Andrés Pereira proclámase campión provincial en Mondariz
28/11/2011

XVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

O pasado 26 de novembro, disputouse no Tecor da Sociedade de Caza a Mondarizana o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración da Sociedade de Caza A Mondarizana.

Na liña de saída ata 22 cazadores da provincia se deron cita nesta fase provincial na procura desta migratoria e así acadar praza na proba autonómica que se disputará o vindeiro sábado día 3 de decembro no Tecor da Sociedade de Caza A Tomiñesa.

Excepto o cazador Vasconcellos Vicente que chegou fora do horario previsto o resto de participantes entraron no control a tempo, algúns con caza e moitos deles con avistamentos de arceas.

Foi o cazador Andrés Pereira Pereira o que con 2 arceas e 1000 puntos o que acadou o primeiro posto converténdose no novo campión provincial da especialidade. Co mesmo número de pezas e puntos, situouse o subcampión Jaime Villaverde Balado. O terceiro caixón foi ocupado por Julio Pereira Martínez.

Estes tres primeiros clasificados xunto con Rafael Barbosa Eira, Jorge Carrera Davila e Ismael Oya Figueiroa conforman o equipo da provincia de Pontevedra para o Campionato Galego de Arceas.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza