Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ARCEAS
O ourensán José Carlos Otero Pérez é o novo campión galego
9/12/2011

XVI Campionato Galego de Caza de Arceas

O pasado 3 de decembro disputouse no Tecor da Sociedade de Caza “A Tomiñesa” sito no concello pontevedrés de Tomiño, o Campionato Galego de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración con dita Sociedade de Caza.

Á cita acudiron un total de 22 participantes clasificados dende os seus respectivos campionatos provinciais e o campión da edición anterior. Todos eles, xunto cos seus xuíces asinados por sorteo, tomaron partida nesta importante cita do calendario de competicións da Federación Galega de Caza.
A 9.00 h, deuse o pistoletazo de saída desta décimo sexta edición que estivo marcada pola presenza relativa de arceas, xa que se estimaba que o número de pezas abatidas fose maior do que a postre se entregaron no control.

Unha vez que fixeron a entrada tódolos participantes no control, todos eles dentro do horario previsto pola organización, o Xurado de Competición, a vista dos resultados deu a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: José Carlos Otero Pérez foi o Campión Galego con 1 arcea e 500 puntos. Co mesmo número de puntos situouse o cazador pontevedrés Andrés Pereira Pereira que acadou o subcampionato. Xa no terceiro posto, tamén co mesmo número de puntos e pezas que os dous primeiros clasificados, situouse o coruñés José Constantino Domínguez Agulleiro.

Estes dous primeiros clasificados representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España de Caza de Arceas que se disputará o vindeiro día 17 de decembro en Sos del Rey Católico – Zaragoza.
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza