Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Últimas novas
Buscar
 
VER NOVAS DE:
Competicións
Federación
Eventos
Lexislación
Medio Rural / Forestal
 
Novas
Imprimir Enviar por email
REMATE TEMPADA
O equipo Santa María – Rois 3 foi o gañador da IX Copa de España de Caza de Raposo
Competicións (Caza de Raposo)

6/2/2012

Na proba participaron 70 equipos, un total de 773 persoas entre cazadores, guías e xuíces.

O pasado sábado día 4 de febreiro tivo lugar a novena edición da Copa de España de caza de Raposo, unha das citas raíñas do calendario de competicións da Federación Galega de Caza e un dos eventos máis destacados da caza en Galicia que fai de colofón da tempada de caza menor na comunidade galega.

A proba estivo organizada pola Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Caza de Altamira, Azor, Castelo de Vitres - Folgoso, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Rois e Noia e Lousame que puxeron a disposición da organización máis de 54.000 Ha de terreo cinexético.

Baixo unhas xélidas temperaturas nas primeiras luces do día tivo lugar o sorteo e saída para os cazadeiros das 70 cuadrillas participantes (770 persoas entre cazadores, xuíces e guías) nesta novena edición.

Un ceo totalmente despexado permitiu aos cazadores disfrutar da actividade cinexética en toda a súa plenitude, mostra delo foi o avistamento de máis dun centenar de raposos. Insignificante foi a presenza dunha ducia de ecoloxistas que, infrutuosamente, tentaron privar aos cazadores da práctica tolerante e lexítima da caza. Destacar o bo facer dos diferentes axentes da autoridade para que a proba se desenrolase sen incidentes.

As 13:30 horas remataba a competición e os diferentes xefes de cuadrilla acompañados polos xuíces desprazábanse ao control para a análise polo equipo veterinario das pezas abatidas.

Un comedor ateigado con preto dun milleiro de comensais entre cazadores, guías, xuíces, organización e autoridades foi testemuña da entrega de premios no que o equipo Santa María – Rois 3 adxudicouse a Copa España de Caza de Raposo 2012 con 3 raposos abatidos e que lle reportaron un total de 1.500 puntos. Para coñecer os seguintes postos da clasificación xeral, tivo lugar un sorteo entre 7 equipos empatados a 1.000 puntos. A sorte fixo que o equipo pontevedrés Rías Baixas 1 obtivera o subcampionato e o equipo coruñés Os Magníficos, campión da edición anterior, quedase relegado a terceira posición.

Na clausura do acto, tivo lugar o turno de palabra das diferentes autoridades alí presentes, con representación de practicamente tódolos concellos nos que se desenrolou a proba, así como da Deputación Provincial de A Coruña. Destacar a intervención de Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza que, nas súas verbas, avogou pola defensa da práctica cinexética en xeral e das probas de caza de raposo en particular. Agradecendo o labor realizado polos axentes da autoridade ante os radicais que tentan impedir a lexítima actividade da caza do raposo. Pechou o acto Andrés Gutiérrez Lara, presidente da RFEC, que manifestou que a Copa de España de Caza de Raposo que se celebra en Galicia é a proba do calendario nacional da RFEC máis numerosa en canto aos participantes que interveñen e sendo a que require un extraordinario labor organizativo. Gutiérrez Lara tamén deixou no horizonte a posibilidade de que esta Copa de España adquira a categoría de Campionato Nacional nas vindeiras edicións.
 

GALERIA DE FOTOS:

IX Copa España de Caza de Zorro
Máis novas nesta categoría

PERCORRIDOS CAZA
20/8/2014
Francisco Rivero adxudícase o Memorial en Río Sar

GALEGO ARCO
28/7/2014
Os mellores arqueiros galegos déronse cita en Bens e Laracha

CANS PARADA
23/7/2014
“Alba de Torres da Varela” de Carlos Lalín en Británicos e “Aris de Poldarriba” de José Vicente Cortes en Continentais, foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza