Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XUVENTUDE CAZA
A RFEC anima aos cazadores xóvenes a participar no X Premio Venatorio á xuventude Ricardo Medem
30/3/2012
Eventos | Temas: RFEC , Premios

Os aspirantes deberán presentar a inscrición antes do 20 de abril de 2012-03-28

A Real Federación Española de Caza xunto ca Fundación Natura Ricardo Medem outorgan cada ano, a un cazador novo, o premio venatorio á xuventude Ricardo Medem co fin de incentivar entre os mozos o amor pola caza e o papel da caza como factor indispensable na conservación.

Dende a Federación quérese animar a tódolos cazadores xóvenes a que amosen os seus méritos cinexéticos e opten a este premio de grande prestixio que leva o nome de tan ilustre cazador.

Poderán aspirar a este galardón tódalas persoas físicas (que non superen os 35 anos) ou xurídicas públicas ou privadas (xestionadas por xóvenes cazadores que non superen esta idade) que non cometeran infracción algunha das vixentes Leis de Caza e a practicaran con ética e deportividade. Os aspirantes deberán presentar a inscrición antes do 20 de abril de 2012.

O xurado valorará o compromiso de lealdade e de respecto polo entorno e a natureza e o amor e coñecemento á sua flora e fauna, así como a face do cazador novo como conservador na natureza, das tradicións, a cultura e o medio ambiente.

O Premio consiste nun bronce titulado “La Roca”, tallado especialmente para este fin polo escultor Vicente Gamarra. A roca é o símbolo do fundamento, a solidez e a forza da xuventude, que apunta ao ceo como significado das súas aspiracións e a sua mirada limpa, dirixida sempre cara as alturas. Talladas na roca e saíndo dela aparecen un macho montés, un venado, un xabaril e un rebeco, os catro trofeos máis importantes da nosa fauna que o cazador novo debe arrincar da roca (o seu hábitat), cazándoos en nobre lance. Entregaráselle ao galardoado na Gran Gala da Caza da RFEC.

Pode consultar as bases de participación na páxina web da RFEC www.fecaza.com no apartado de Premios e distincións.

Texto e fotos: Real Federación Española de Caza

 

 
Ver máis novas de
Competicións | Federación | Eventos | Lexislación | Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

#CazandoConMutuasport
10/6/2016
Mutuasport convoca un Concurso de Fotografía en Redes Sociais

SEMANA VERDE
8/6/2016
A FGC participará na FECAP 2016 de Silleda con diversas actividades

ENTRADA LIBRE E GRATUITA
9/5/2016
O Concello de Laracha organiza unha charla informativa sobre a Lei de Protección de Animais

CONGRESO
9/5/2016
A vixésimo cuarta edición de Periodipesca acadou un novo éxito en Muros


Federación Galega de Caza  
Estadio Multiusos de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza