Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Enviar a súa consulta
Ver todas as consultas
 
VER POR TEMAS
Arco
Armas e municion
Batidas
Danos
emisoras
Leis
Poder cazar
Seguridade
Zonas Libres
 
OUTROS SERVIZOS WEB
Solicitar licencia federativa
A FSA Responde
Compartir Caza
A tua opinión conta
Taboleiro de anuncios
A FGC responde
SERVIZOS WEB

Munición permitida na nova lei de caza

Consulta:
Tras realizar unha lectura rápida a nova lei de caza que ben de entrar en vigor surxiume unha dúbida no que creo que e unha errata da mesma.

No artigo 67, relativo as munición permitidas, expón que queda prohibida a tenza e uso de cartuchos con munición de postas, entendéndose como tales aquelas cuxos proxectís teñan un peso unitario maior ou igual a 2,5 g ou un diámetro igual ou superior a 4,5 mm.

A unha esfera de plomo de 2,5 g de peso correspóndelle un diámetro de 7,40 mm (carga de 16 perdigóns) e un perdigón de 4,5 mm de diámetro equivale os proxectís que carga o famoso 00. Cal das dúas limitacións prevalece?

Resposta da Federación:

Estimado Alejandro:

En relación con esta consulta, recibida a través da nosa sección “A Federación Responde”, e tras consultar á Consellería de Medio Ambiente é á Federación Sectorial Armera, dicir que o artigo 67.1 da lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, (DOG núm. 4, do 08.01.2014), establece unha dobre condición para que a munición utilizada en caza menor sexa legal:

  • Cada proxectil debe posuír un peso unitario inferior a 2.5 gramos e
  • Ter un diámetro inferior a 4.5 milímetros.

Tamén se debe ter en conta que as limitacións impostas no texto legal non se refiren unicamente á utilización de munición de chumbo, senón que afectan a calquera material que cumpra a dobre condición reflectida anteriormente. Polo tanto, un cartucho con munición de chumbo cuxos proxectís teñan un peso unitario igual a 2.5 gramos e teñan un diámetro de 7.40 milímetros estaría incumprindo as dúas condicións. Se por exemplo tivese un peso unitario inferior a 2.5 gramos e un diámetro de 7.40 milímetros, tamén estaría prohibido dado que incumpre unha das dúas condicións.

En referencia á munición coñecida como 00, se cada proxectil ten un diámetro igual ou superior a 4.5 milímetros, considérase prohibida para o exercicio da caza. Non obstante, consultada información sobre este tipo de  munición, vemos que algunhas marcas comercializan cartuchos con esta denominación cuxos proxectís presentan un diámetro inferior ao límite exposto, tal e como se pode comprobar nas seguintes imaxes:

   

Agardando terlle por respondida a súa consulta, reciba un atento saúdo.



Data publicación: 28/3/2014
 


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza