Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Enviar a súa consulta
 
 
OUTROS SERVIZOS WEB
Solicitar licencia federativa
Compartir Caza
A tua opinión conta
Taboleiro de anuncios
A FGC responde
SERVIZOS WEB

Transporte de armas

Consulta:
Que requisitos debemos cumprir no transporte de armas cando nos desprazamos para cazar fóra do noso lugar de residencia.

Resposta da Federación:
En relación coa súa consulta, e antes de proceder a dar contestación á mesma, cabe aclarar que esta contestación refírese en exclusiva ao transporte de armas por territorio español, en vehículo particular, no que viaxa o titular da arma con residencia en España, pois no caso de transporte en avión, ferrocarril ou calquera outro medio de transporte terrestre ou marítimo, os requisitos serían distintos dos que se indican a continuación, polo que nese caso pregámoslle que nos reformule a pregunta concretando tódolos detalles.
  1. DNI
  2. Licenza de Armas
  3. A arma debe estar documentada coa correspondente guía de pertenencia
  4. As armas deberán transportarse desmontadas ou dentro das súas caixas ou fundas(Art. 149.1 do Regulamento de Armas)

E por último, lembrar que os usuarios das armas deben estar en todo momento en condicións de controlalas, debendo adoptar tódalas medidas precautorias necesarias para garantir a seguridade das mesmas en todo lugar, tamén durante a circulación.

Data publicaci�n: 3/1/2014
 


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza