Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Enviar a súa consulta
 
 
OUTROS SERVIZOS WEB
Solicitar licencia federativa
Compartir Caza
A tua opinión conta
Taboleiro de anuncios
A FGC responde
SERVIZOS WEB

Distancia seguridade augas navegables, públicas e costa

Consulta:
¿Cuál es la zona de seguridad y la distancia de seguridad a la misma para masas de agua navegables, aguas públicas y costa?

Resposta da Federación:

En relación coa súa consulta, recibida a través da nosa sección A Federación Responde, dada a próxima entrada en vigor da nova Lei de Caza de Galicia, procedemos a responderlle conforme dispón a nova normativa:

  1. O art. 42.2.b) da nova Lei sinala que,  considérase zona de seguridade, “dominio público marítimo-terrestre e o dominio público hidráulico e as súas marxes, máis unha franxa de 5 metros, en cadaunha das súas marxes. Para estes efectos  exclúense os rios,  as masas de auga e as canles que presenten unha largura (ancho) inferior a 3 metros de media na zona na que se desenvolve a acción de caza”.
  2.  Para determinar qué constitúe o “dominio público marítimo-terrestre” debemos acudir ao disposto na Lei de Costas, que no seu art. 3 dí que  o dominio público marítimo terrestre está constituído –no que aquí interesa-  pola ribeira do mar, que inclúe:

1) A zona marítimo terrestre (espazo comprendido entre a liña de baixamar e a de pleamar máxima).
2) As praias.

Segundo o art. 23 da Lei de Costas a zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre comprende 100 mts dende o límite interior da ribeira do mar.

  1. Para determinar qué constitúe o “dominio público hidráulico” debemos acudir ao disposto no Regulamento estatal do Dominio Público Hidráulico que no seu art. 2 sinala:

Constituyen el dominio público hidráulico del Estado, con las salvedades expresamente establecidas en la Ley:
a) Las aguas continentales, tanto las superficiales como las subterráneas renovables con independencia del tiempo de renovación.
b) Los cauces de corrientes naturales, continuas o discontinuas.
c) Los lechos de los lagos y lagunas y los de los embalses superficiales en cauces públicos.
d) Los acuíferos subterráneos, a los efectos de los actos de disposición o de afección de los recursos hidráulicos ( art. 2  de la LA).

4.  Debe terse en conta ademais a prohibición expresa do exercicio da caza nas zonas especificadas no Anexo I da Orde Anual de Vedas.



Data publicaci�n: 3/1/2014
 


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza