Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

 
MENÚ
Enviar a súa consulta
 
 
OUTROS SERVIZOS WEB
Solicitar licencia federativa
Compartir Caza
A tua opinión conta
Taboleiro de anuncios
A FGC responde
SERVIZOS WEB

Confección de listas de batidas e ganchos

Consulta:
Despois de tantas instruccións lidas, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, o Regulamento de caza, a Orde de vedas, a Lei de caza, a opinión o respeto da FGC, como responsable dunha cuadrilla, necesitaba me aclararan definitivamente, si é posible, as seguintes dúbidas:

1.- ¿Cando hai que confeccionar a lista de participantes na batida, no lugar e hora de reunión autorizado o efecto para a tempada polo Servizo de Caza, ou polo contrario no momento da colocación dos postos na mancha a bater?.

2.- ¿É obrigatorio deixar copia da lista de participantes no lugar de reunión, ou polo contrario é suficiente con que esté en todo momento en posesión do responsable da batida?.

Resposta da Federación:
En relación coa súa consulta sobre a confección das listadas das batidas e ganchos, dicirlle que a actual Orde de Vedas, no seu Art. 11.4, establece que a relación de participantes debe estar confeccionada no momento da colocación dos cazadores nos postos, sen embargo se na autorización se impoñen unhas determinadas condicións estas han de cumprirse, pois o Art. 41.3 da vixente Lei de Caza de Galicia obriga a axustarse ás autorizacións, e mesmo o Art. 57.28, da referida Lei, establece como infracción o incumprimento das condicións que se fixen nas autorizacións para a celebración de batidas.

Respecto da segunda cuestión plantexada, consideramos que non é obrigatorio deixa-la copia da lista de participantes no punto de encontro, dado que non existe ningunha norma que así o indique, e ademais o apartado 2º do Anexo III do Regulamento de Caza, cando se refire ao que se debe deixar indicado no punto de encontro, só fai referencia ás manchas non a lista de participantes, e por outro lado, ao conter datos de carácter persoal, tamén estaría suxeita á Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Data publicaci�n: 3/1/2014
 


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com  
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza