A FGC recibía onte unha carta dirixida ao seu Presidente,
    Javier Nogueira, por parte de UNITEGA (Unión de Tecores de
    Galicia) na que lle transmitía a adhesión á sua
    postura respecto do anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia ao
    tempo que lle manifestaba o seu apoio. Pode ver o escrito na
    seguinte ligazón:
    
    
    Descargar Carta UNITEGA
    
    O propio Presidente da FGC, Javier Nogueira, respostaba esta
    mañá ao escrito:
      
      Estimado Florencio:
 
En relación co seu escrito de data 14 dos correntes, a
    través do que nos manifesta o seu apoio á postura que
    estamos a defender ante a nova Lei de Caza de Galicia, primeiramente
    o meu agradecemento persoal por alentarnos a seguir traballando, a
    seguir adiante, pois cando desde a Federación defendemos unha
    determinada postura, estamos a pensar en todos e cadaún dos
    cazadores e das sociedades de caza de Galicia, pero tamén
    noutros colectivos indirectamente afectados (agricultores,
    gandeiros, silvicultores, etc.) que, no fondo, serían os
    grandes prexudicados se os cazadores nos plantamos.
 
Na caza, coma na vida, do que se trata é de sumar non de
    restar, cantos máis sexamos máis forza teremos. Reciba
    un afectuoso saúdo.
 
Javier Nogueira Diz
Presidente da Federación Galega de Caza