Campionato  Provincial de Lugo de Caza de Arceas
  O pasado sábado 16 de  novembro disputouse no Tecor Val de Lemos, sito no concello lucense de Monforte  de Lemos, o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola  Federación Galega de Caza en Lugo e coa colaboración da Sociedade de Cazadores Val  de Lemos.
  Ata un total de 23  cazadores se citaron nesta fase provincial na que o número de arceas avistadas  e abatidas foi a nota predominante desta edición. 
 Foi o cazador Antonio  González Álvarez o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos ao facer a súa  entrada en control con unha arcea abatida, converténdose no Campión Provincial  deste 2013. Co mesmo número de puntos, o segundo posto era para Cesar Julio Rodríguez  Ares e o terceiro posto ocupábao Manuel Pérez López con tamén 500 puntos.

  A estes tres primeiros  clasificados acompañaranos Juan Carlos Bande López e Juan Carlos Gómez  Rodríguez, conformando a representación lucense para o vindeiro Campionato  Galego de Caza de Arceas que se disputará o vindeiro 29 de novembro en Ourense.