Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río  Sar
          Na xornada de onte día 18  de maio disputábase a xa vixésimo sétima edición do Campionato Autonómico de  Percorridos de Caza que era acollido nas extraordinarias instalacións da  Sociedade Deportiva Río Sar. 
          A este Campionato Galego  acudiron un total de 72 tiradores, un número moi elevado que da un claro exemplo  da paixón que esta competición esperta nos tiradores galegos. Un campionato disputado  sen sobresaltos e que contou coa organización da Federación Galega de Caza en  colaboración coa Sociedade Deportiva Río Sar.
          Hora a hora os 150 pratos  os que se enfrontaron os tiradores ían sobrevoando as instalacións de Río Sar.  Uns pratos e campos de enorme beleza e dificultade que fixo as delicias dos  tiradores participantes. E por iso que a directiva de Río Sar recibiu da man do  presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, unha mención especial  polo traballo e esforzo realizado para que este campionato fose todo un éxito.
    
 Unha vez que rematou a  proba os resultados da clasificación arroxaron un empate no primeiro posto a  135 pratos entre tres tiradores pontevedreses Roberto Rodríguez, Martín  Baqueiro e Jose Da Silva. Completaba esta extraordinaria escuadra Elisardo Cea  Cebreiro e José Carlos Álvarez Pazo que desempataban para o primeiro posto de  veteranos ao acadar os dous 122 pratos. 
          A totalidade dos  tiradores, o público, o Delegado Provincial de Tiro, Emilio Bolaño, o Delegado  Autonómico, Antonio Toxa e o presidente da FGC Javier Nogueira non quixeron  perderse un desempate que mantivo en vilo a tódolos alí presentes ata os  derradeiros pratos nos que Roberto Rodríguez Fernández se facía, de xeito  magnífico, con este título de Campión Galego. Mostra do disputada que estivo  esta final foi que para coñecer o segundo e terceiro clasificado fíxose preciso  ir á “morte súbita” na que Martín Baqueiro Villafines acadaba o subcampionato  por diante do tirador José Da Silva Fernández. 
          No desempate de Veteranos impoñíase Elisardo Cea  Cebreiro por diante de jose Carlos Álvarez Pazo. O terceiro posto desta  categoría era para Juan Antonio Sánchez Mancebo.
          En Xuvenís o campión era Daniel Vicente Pintus con  117 pratos e en Handisport Artemio Formoso Barro era o campión cun total de 119  pratos. E en Superveteranos Ángel  Mosquera Rodríguez era o que accedía ao primeiro posto con 102 pratos.