Campionato  Provincial de A Coruña de Caza de Arceas 2015
  O pasado sábado 17 de xaneiro  disputouse no Tecor Castromaior – A Gracia, a edición 2015 do Campionato  Provincial de A Coruña de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de  Caza en A Coruña e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de  Cazadores de dito Tecor.
  Ata un total de 29  cazadores se deron cita nesta fase provincial de caza de arceas clasificatorio  para o Autonómico da especialidade. Nesta ocasión, as arceas si quixeron facer  acto de presenza neste campionato e cazadores e cans gozaron dunha boa xornada  de caza.
Foi o cazador Víctor  Moreira Graíño o primeiro clasificado cun total de 500 puntos acadando deste  xeito o título provincial. Os participantes Víctor Manuel Lado Otero e  Francisco Santiago Rodríguez situáronse na segunda e terceira posición  respectivamente con tamén 500 puntos.
  A estes tres primeiros  clasificados acompañaranos os cazadores Miguel López Garcia, José Constantino  Domínguez Agulleiro e Fabián Barge Vilela, conformando a representación de A  Coruña para o proximo Campionato Galego de Caza de Arceas.