|  | 
| RASTRO DE XABARIL | 
| O monteiro Francisco Rodeiro revalida o título autonómico | 
| 6/7/2015 | 
| 
 XX Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril   Na xornada do pasado  sábado 4 de xullo os amantes dos cans de rastro sobre xabaril tiñan unha cita  no concello lucense de Meira onde se disputaría a edición número XX do  Campionato Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. 
 A boa climatoloxía xunto con campos moi homoxéneos onde tiveron lugar a fase clasificatoria e final fixeron o goce dos participantes e do numeroso público que seguiu a proba dende primeira hora da maña. Foi o monteiro de A Coruña Francisco Rodeiro Eiras co seu can “Cho” o que chegaba a Meira como actual campión de España da modalidade e defendendo o título de campión autonómico, e non defraudou na súa participación quedando primeiro no seu campo na fase clasificatoria e primeiro na fase final con un total de 247,25 puntos revalidando así o título de Campión Galego de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril. O xoven monteiro coruñés Manuel Rodeiro Louzao, subcampión de España e medalla de bronce no autonómico do 2014, acadaba o subcampionato e medalla de prata co seu can “Rato” con un total 238,75 puntos. O monteiro pontevedrés Salvador Sestelo Núñez co can “Vikingo” facía unha moi boa participación e acada o terceiro posto na clasificación final con 226,5 puntos. 
 A estes tres primeiros clasificados súmanselles os monteiros Álvaro Fontela, Francisco Romero, José Manuel Barreiro e Juan Vecino completando así a Selección Galega que representará a nosa comunidade no vindeiro nacional da especialidade. Organización, autoridades, xuíces, participantes e público gozaron dun extraordinario xantar que tivo a súa guinda na entrega de premios os primeiros clasificados. 
 |