|  | 
| RRCC OURENSE | 
| Antonio Iglesias foi o Campión da proba e Xosé Vázquez o Campión Provincial | 
| 9/5/2016 | 
| 
 Tendo de escenario o Tecor de “Santiago de Corneda” (Pol de Piteira), unha boa organización, uns bos campos e nun día no que a chuvia foi a nota negativa da xornada, celebrouse o pasado día 7 de maio o Campionato Provincial de Percorridos de Caza de Ourense. Torneo clasificatorio para o Galego da especialidade no que competiron un total de 41 tiradores que foron repartidos en sete escuadras. A clasificación nos primeiros postos e por categorías quedou como sigue: Sénior: 
 
 Veteranos: 
 Superveteranos: 
 Damas: 
 Handisport: 
 Xuvenís: 
 
 
 Salientar que o exercicio comezaba pasadas as nove da mañá e concluía preto das catro da tarde. De seguido un extraordinario cocido foi servido no Restaurante Xardín de O Carballiño. Xantar no que estiveron directivos da Federación de Caza en Ourense, organización e o presidente do Tecor anfitrión, Pepe Otero, quen colaborou de xeito notorio no acontecemento. Á hora de facer uso da palabra, o mandatario social agradeceu a presenza de todos, mentres o presidente federativo amosouse satisfeito tanto pola participación como polo comportamento deportivo dos competidores, anunciando “sorpresas” para a seguinte edición. |