![]() |
TRAILLEROS DO SALNÉS |
O monteiro Sánchez Sexto acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Tito” |
29/04/2019 |
Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade Case medio cento de cans e monteiros se deron cita en Vilagarcía de Arousa para participar nunha proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril organizado por os Trailleros do Salnés e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Karsita e a Federación Galega de Caza de Pontevedra. Alto nivel e partipación fixo que se poideran ver extraordinarias presentacións do binomio monteiro – can no rastrexo do suido. Foi o participante Antonio Sánchez Sexto o que co seu can de nome “Tito” acadase o primeiro posto da clasificación final con un total de 253 puntos. Con 238,5 puntos e en segunda posición situouse Álvaro Fontenla Filgueira coa cadela de nome “Muchacha”. José Manuel Barreiro Rivadas coa cadela “Brisa” compretaba o podio co un meritorio terceiro posto con 221 puntos. Un xantar de irmandade e a entrega de premios, na que interviron organizadores, directivos da Sociedade de Cazadores de Karsita e o presidente da Federación Galega de Caza de Pontevedra, Francisco Couselo, puxo o punto e final a esta proba. |