PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS |
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba |
29/04/2024 |
XXVII Campionato provincial de Ourense de Percorridos de Caza Novamente o Campo de Tiro A Goberna acolleu a xa XXVII edición do Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza, todo un éxito de xornada deportiva así descrita polos preto de 50 tiradores participantes. Este campionato, celebrado o 28 de abril, contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e a colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro. Un total de 100 pratos que fixeron unha máis que atractiva tirada valorada moi positivamente polos tiradores que acadaron unha boa porcentaxe de acerto no disparo. O tirador coruñés Daniel Cebreiro García impoñía o seu claro dominio e obtiña o primeiro posto da clasificación xeral con 92 pratos escachados. Tamén o tirador chegado da Coruña, Santiago García Bello facíase co segundo posto da clasificación xeral con 87 pratos realizando unha fantástica tirada. Con 85 pratos pero en terceira posición remataba o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta. O cuarto clasificado da xeral foi o tirador Francisco Javier Villanueva Dejuane con tamén 85 pratos, unha marca que lle otorgou o título de campión provincial. O podio provincial compretárono José Antonio Vázquez Rivera e Marcos Nogueira Castro, en segunda e terceira posición, respectivamente. En Seniors o campión resultou ser Cristino Mera Román cunha marca de 79 pratos. Francisco Javier Rivero Martínez obtiña a prata con 78 pratos e co mesmo número de pratos pero en terceira posición remataba Jesús Domínguez Gómez. En Veteranos o campión da proba era Antonio Castro Ferreiro e o subcampión Eliseo Faraldo Fernández con 84 e 56 pratos, respectivamente. José María González Rodríguez era o campión na categoría Máster. A Selección Provincial queda composta polos seguintes tiradores: F. Javier Villanueva, Jose Antonio Vázquez, Marcos Nogueira, Manuel Carames, José Antonio Gómez, Eduardo Salceda, José Luís Estévez, Juan Vázquez, Abelardo Domínguez, Jose Luís Álvarez e Eliseo Faraldo. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |