PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
O lote de Alfredo Vázquez foi o campión da V Proba de Ceiba do Barbanza sobre xabaril salvaxe
2025-04-28

V Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe  - Xunta de Galicia “Proba de Ceiba do Barbanza”

O sábado 26 de abril, desputábase a xa quinta edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe - Xunta de Galicia“Proba de Ceiba do Barbanza” baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Caza Lousame-Noia, Rianxo, Porto do Son, Dodro, Rois, Dodro e Castelo de Vitres-Folgoso.

Novamente gran expectación ante unha proba de cans de rastro sobre xabaril salvaxe que tanto atrae a monteiros galegos e do norte de España. Mostra delo foi o incremento dos lotes participantes, 20 lotes nesta edición. Lotes que, benefeciados por unha excelente climatoloxía, realizaron prestacións de calidade grazas, en parte, ao enorme traballo que, a pe de monte, fixo a organización, os rastrexadores, guías e as sociedades de caza colaboradoras.

Foi o lote de cans “Lucky, Hull, Adri, Pinto, Ringo e Chacho” propiedade de Alfredo Vázquez Bugallo o que acadou o primeiro posto da clasificación xeral con 887 puntos, converténdose no campión desta quinta edición.

José Ramón Rivas Vidal cos cans “Cuco, Perla, Camilo, Manchas, Capitana e Rita” era o segundo clasificado con 852 puntos.

O monteiro Simón Fernández Saa cos cans “Kira, Rita, Tiza, Titán, Teo e Vaina” foi o que obtiña o bronce con 786 puntos.

A cadela “Senda” propiedade de Alejandro Couso foi mencionada como Mellor Can da Proba.

Estes eran o resto de puntuacións e clasificados:

- 4º) Pablo Ferreiro Muíño: 713 puntos

- 5º) Andrés Paz: 669 puntos

- 6º) Martín García Noya: 663 puntos

- 7º) Héctor Calvo García: 650 puntos

- 8º) Víctor Martínex Vázquez: 577 puntos

- 9º) Claudio Montero Lema: 550 puntos

- 10º) Silvio Suárez Fernández: 358 puntos

Este campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.