![]() |
PROVINCIAL XABARIL OURENSE |
José Manuel Aguión gañador da proba e Miguel Ángel Rey Campión Provincial de Ourense de Rastro de Xabaril |
2025-05-05 |
XV Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia” Tal e como estaba previsto, o pasado sábado 3 de maio, desputouse nos montes do Tecor Santiago de Corneda a quince edición do Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril “Xunta de Galicia”. Proba clasificatoria para o Autonómico e puntuable para a Copa Galicia da especialidade. A proba contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e coa esencial colaboración da Sociedade de Cazadores “Santiago de Corneda”. Deportividade e coordialidade foron a notas destacadas do campionato no cal o monteiro coruñés José Manuel Aguión Tizón coa cadela “Aura” obtiña o primeiro posto con 241 puntos e, por tanto, era o campión da proba. Miguel Ángel Rey Montes era o segundo clasificado e campión provincial co can de nome “Lor” e 231 puntos. O bronce era para o actual campión de España da modalidade, Antonio Sánchez Sexto co can “Chico” e 220 puntos. Este provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion.
|