![]() |
CORUÑA XABARIL |
Julio Ferradás con “Copi” foi o campión provincial e Cristóbal Cacheda con “Horus” o campión da proba |
2025-05-12 |
Campionato provincial da Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia” En Rianxo, o sábado 10 de maio, tiña lugar o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril “Xunta de Galicia”. Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración da Sociedade de Caza de Rianxo desputábase este destacado campionato con ampla participación e enorme deportividade. Baixo a dirección de Secundino Carballo e nuns terreos máis que óptimos para o desenrolo desta disciplina cinexético deportiva comenzaba esta fase provincial clasificatoria para o Autonómico da especialidade e puntuable para a Copa Galicia. Foi o monteiro pontevedrés Cristóbal Cacheda Chouza con “Horus” o que obtivo o primeiro posto da proba con 225,5 puntos. Con 224 puntos, en segunda posición remataba o tamén pontevedrés Antonio Sánchez Sexto co can “Chico”. O terceiro clasificado da xeral era Julio Ferradás Rozas con “Copi” e 223,5 puntos converténdose no novo campión provincial. Este Campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion. |