PERCORRIDOS DE CAZA LUGO
Jesús García foi o campión lucense e Roberto Rodríguez o campión da proba
2025-05-12

XIX Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza “Xunta de Galicia”

Baixo unha intensa e persistente choiva trascorreu onte, 11 de maio, o XIX Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza “Xunta de Galicia” organizado pola Federación de Caza de Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

Esta proba, puntuable para a Copa Galicia da especialidade, contou con preto de medio cento de tiradores que se enfrontaron a 100 pratos nos que se acadaron destacadas marcas pero que se viron mermadas pola choiva ao igual que acontece una xornada anterior na modalidade de compak.

Foi o pontevedrés Roberto Rodríguez Fernández o que obtivo o primeiro posto da Xeral con 91 pratos escachados. Roberto Rodríguez mantivo un alto nivel de tiro superando en 5 pratos ao segundo clasificado e revalidando o primeiro posto obtido na edición anterior. 

O segundo posto foi moi pelexado e foi preciso realizar un desempate entre Eloy Fernández López, Constantino Vilar Rodríguez, Jesús García Salgado e Juan Manuel Carou Rey que remataron con 86 pratos. Foi o tirador lucense Jesús García Salgado o que resultaba gañador e obtiña o segundo posto da xeral e o título de campión provincial. Juan Manuel Carou Rey acadaba o bronce da xeral.

Constantino Vilar Rodríguez era o campión da categoría Senior, o segundo e terceiro posto eran para José Mario González Yáñez e Francisco Javier Rivero Martínez, respectivamente con 80 e 79 pratos.  

En Veteranos o tirador Antonio Castro Ferreiro era o campión da categoría con 81 pratos. A prata era para José González Yáñez e o terceiro posto para Manuel Magide López.

José María González Rodríguez era o Máster mellor clasificado, Juan Ramón Vázquez o campión en Iniciados e Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.