CAMPIONATO GALEGO DE PAXARILES
Campións galegos de paxariles
2025-05-13

XXVIII Campionato Galego de Paxariles “Xunta de Galicia”

O pasado 11 de maio, desputouse na AA.VV “O Val” – Narón, o Campionato Galego de Paxariles “Xunta de Galicia” organizado pola Federación Galega Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva A Faisca.

A esta edición número XXVIII acudiron un bo número de paxaros, 109 en total, que coa calidade dos seus cantos foron obtendo as respectivas puntuacións. Os paxaros participantes foron divididos nas seguintes plumas: liñaceiro, xílgaro, mixto de liñaceiro, mixto de xílgaro, xílgaro campeiro, mixto de xílgaro campeiro,verderol e mixto de verderol. Actuando como Director da Competición Miguel Ángel Ares Ares.

Na categoría de Xílgaro foi Ricardo Díaz Fernández o que obtivo o primeiro posto con 85 puntos. A segunda praza era para Mª del Pilar Beltrán Blanco con 79 puntos e a terceira posición, con 67 puntos, era tamén para Ricardo Díaz Fernández.

En Mixto de Xílgaro o ouro era para Fernando Nicasio García Castro con 100 puntos. A prata era para Ricardo Díaz Fernández con 98 puntos e Pablo Brage Piñeiro remataba en terceira posición con 96 puntos.

Na clasificación de Liñaceiro o primeiro e segundo posto foi para Pablo Brage Piñeiro con 69 e 57 puntos. O terceiro posto era para Mª José González Domínguez con 56 puntos.

En Mixto de Liñaceiro Jesús Ángel Faraldo Ares acadaba o primeiro posto con 106 puntos. A prata con 89 puntos era para Pablo Brage Piñeiro e Mª José González Domínguez tíñase que conformar co terceiro posto con 76 puntos.

Na categoría de Verderol o participante Miguel Ángel Ares Ares acadaba o primeiro posto con 37 puntos. Mª Ángeles Pérez Arcos acadaba o subcampionato con 30 puntos e con 26, en terceira posición, remataba Juan Manuel Souto Rico. 

Na clasificación de Mixto de Verderolo resultaba gañadora Paula Veiga Sánchez con 67 puntos. Mª Ángeles Pérez Arcos acadaba o subcampionato con 4 puntos. Repetía no terceiro posto Paula Veiga Sánchez.

En Xílgaro Campero o mellor clasificado era Jose Luis Vez Rodríguez con 24 puntos que tamén obtiña o terceiro posto con 17 puntos. O segundo posto era para Mª del Pilar Beltrán Blanco con 20 puntos.

En Mixto de Xílgaro Campero o campión era Manuel Ramos Otero con 36 puntos. A prata era para Marcelino Pardiñas Peña con 28 puntos. Co 25 puntos pero en terceira posición remataba Dionisio Ares Babarro.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.