PONTEVEDRA XABARIL
Bárbara Fontán con “Sono” campiona en Xeve
2025-05-19

XXII Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril "Xunta de Galicia"

A Federación Galega de Caza de Pontevedra contou coa Sociedade de Caza O Campo de Xeve para a celebración da edición XXII da fase provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril "Xunta de Galicia". 

Esta edición foi celebrada, o pasado 17 de maio, baixo a dirección de Alejandro Lorenzo sendo xuzgada por Eduardo González e Mario Dios, actuando como auxiliar, José Prieto, os cales decidiron a clasificación final que resultou do seguinte xeito.

A monteira Bárbara Fontán co azul de gascuña de nome Sonofoi a campiona da proba e tamén campiona provincial con 247 puntos. O segundo posto era para Julio Ferradás que participou co can de nome “Copy” e obtivo unha puntuación de 237 puntos. O bronce era para Miguel Ángel Rey con “Lor” e 230,5 puntos. Álvaro Fontenla con “Lito” e Joaquin Guerreiro con “Lie” obtiveron, respectivamente, o segundo e terceiro posto do podio provincial.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, pensos Bichoucos e Mutuasport.