![]() |
CAMPIONATO GALEGO PERCORRIDOS CAZA |
Dominio absoluto de Domínguez Treinta no Autonómico de Percorridos de Caza |
2025-05-26 |
XXXVII Campionato Galego de Percorridos de Caza en Río Sar “Xunta de Galicia” A edición número XXXVII do Campionato Galego de Percorridos de Caza desputouse en Río Sar na xornada de onte, 25 de maio, e na cal o pontevedrés Daniel Domínguez Treinta foi o gañador superando en 6 pratos ao segundo clasificado e realizando unha extraordinaria tirada de principio a fin. Unha edición con preto de 90 tiradores divididos en 15 escuadras e que axudados por un día moi luminoso desfrutaron dun fermoso campionato galego grazas á Sociedade Deportiva Rio Sar que co seu traballo realizou un diseño e montaxe de liñas de tiro de alto nivel. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar. Foi o tirador pontevedrés Daniel Domínguez Treinta o que remataba con 140 pratos despois dunha tirada moi regular e sostida durante toda a xornada o que lle permitiu converterse no novo campión galego e obtendo o título de campión da Copa Galicia da especialidade. Empatados a 134 pratos foi preciso a realización dun desempate para coñecer o segundo e terceiro posto da xeral que finalmente adxudicouse Daniel Cebreiro García superando ao ata onte campión da especialidade, José Manuel Torres Parada. Na categoría Senior a emoción para coñecer o campión tamén se fixo agardar xa que José Luis Sánchez Mancebo e José Antonio Vasconcellos Vicente remataron empatados a 125 pratos, foi o pontevedrés Vasconcellos Vicente o que se impoñía no desempate. O bronce da categoría era para Antonio Iglesias Otero con 123 pratos. En Veteranos o campión era Gabino Villamor Vázquez con 109 pratos por diante de Juan Sánchez Mancebo e José González Yáñez, respectivamente. En Tiro Adaptado o campión era Artemio Formoso Barro con 125 pratos, en Iniciados o primeiro posto era para Ronquete Caamaño e en Máster o mellor clasificado foi Ángel Mosquera Rodríguez. En Damas a mellor clasificada da proba foi Maitane Fandiño Pérez e a campiona galega era Sabela Calvo. A Selección Galega para o Nacional de Percorridos quedou formada por Daniel Domínguez Treinta, Daniel Cebreiro García, José Manuel Torres Parada, José Antonio Vasconcellos Vicente, Manuel Blanco Puertas e Artemio Formoso Barro. Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport. |