![]() |
TROFEO CAZARCO ASEXOS 3D |
Arqueiros ao asexo |
2025-05-26 |
IV Trofeo Cazarco de Asexo de Caza con Arco 3D Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, onte 25 de maio tivo lugar a cuarta edición do Trofeo Cazarco de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba que mantivo o éxito acadado nas pasadas edicións congregando a un elevado número de arqueiros galegos. Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a arqueiros e arqueiras que, axudados pola boa climatoloxía, desenrolaron unha gran xornada deportiva. Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías: Arco Asistido Masculino - Eloy Álvarez Couñago: 318 puntos - Miguel Caruncho Campanario: 295 puntos - Javier Lesende Sieiro: 247 puntos Arco Tradicional Masculino - Herminio López Naval: 215 puntos - Ricardo Rivas Outeiro: 198 puntos - Roi López Díaz: 182 puntos Arco Asistido Damas - Marina Oliveira Amoedo: 213 puntos - Mª Carmen Novoa Varela: 189 puntos - Eva Davila Rodal: 165 puntos Arco Tradicional Damas - Silvia Gómez Pérez: 127 puntos - Laura Fernández Crespo: 125 puntos Junior - Carlota Otero Cayetano: 113 puntos - Iria Boullosa Curras: 87 puntos - Mara Moreira Álvarez: 70 puntos Esta proba contou coa colaboración do Concello de Soutomaior e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |