![]() |
SAN HUBERTO FESTA DA CAZA DE LUGO |
Jorge Martín con “Max” campión da proba e Juan Carlos Arteche con “Chula” campión provincial de San Huberto na Festa da Caza de Lugo |
2025-06-02 |
XXVIII Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto "Xunta de Galicia" O monte do Cristo eran os terreos elexidos pola federación lucense de caza para a celebración, onte 1 de xuño, do seu campionato provincial de Lugo de Caza San Huberto "Xunta de Galicia". O Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto deu como gañador da proba ao cazador Jorge Martín Sánchez co can “Max” e 82 puntos. O segundo posto da xeral era para Víctor Varela Castro coa cadela “Cora” e 75 puntos. O bronce da xeral e campión provincial foi Juan Carlos Arteche Castillo con “Chula” e 60 puntos. A selección provincial quedou conformada polos seguintes cazadores: Juan Carlos Arteche Castillo, Corsino Valero Villar, Jorge Fernández Dobarganes, Ricardo Parrado Parra e Jesús Vázquez Sánchez. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion. |