![]()  | 
| RASTRO XABARIL FESTA DA CAZA LUGO | 
| Maikel Otero con “Chacho” foi o campión provincial e Luciano Lago con “Rodolfo” campión da proba | 
| 2025-06-02 | 
 XXVIII Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril “Xunta de Galicia” - Festa da Caza de Lugo Dentro do programa de competicións cinexético deportivas da XXVIII Festa da Caza de Lugo celebrouse, onte 1 de xuño, o Campionato Provincial de Lugo de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril no que participaron preto de 40 cans e monteiros. Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e sendo puntuable para a Copa Galicia da especialidade e tamén clasificatoria para o Autonómico da modalidade que se desputará o vindeiro 14 de xuño. 
 O monteiro asturiano Luciano Lago Álvarez o foi o que maior puntuación obtivo na fase final acadando un total de 243 puntos co can “Rodolfo”. O pontevedrés Cristobal Cacheda Chouza co can “Horus” era o segundo clasificado con 223 puntos. Compretou o podio da xeral o tamén pontevedrés Salvador Sestelo Núñez con “Beba” e 196,5 puntos. O quinto posto da xeral e primeiro da provincia foi para o monteiro Maikel Otero Folgueira con “Chacho” e 183,5 puntos, converténdose no campión provincial da especialidade. A monteira Saleta Souto Pampín foi a campiona junior. A selección lucense quedou conformada polos seguintes monteiros: Maikel Otero, Juan Vecino, Luis Otero, Cesar Marube, Francisco Gómez, Miguel Castrillón, José Manuel Yáñez, Manuel Martínez, Iván Pedre e José Quintela. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Proyecta Galicia e Arion. 
  |