![]() |
NACIONAL DE XABARIL |
Tomiño recibe aos mellores cans de rastro sobre xabaril de 2025 |
2025-06-13 |
O próximo 28 de xuño, Tomiño (Pontevedra), albergará o XXXII Campionato de España de Rastro sobre Xabaril, a segunda e última proba da modalidade de rastro. Esta cita reunirá a case 50 participantes procedentes de diferentes comunidades autónomas. Organizado pola Real Federación Española de Caza (RFEC), en colaboración coa Federación Galega de Caza e o Consello Superior de Deportes, este campionato desenvolverase baixo a dirección do delegado nacional de rastro, Óscar Meijide. A tales efectos, o boletín de inscrición poderase presentar a través das Federacións Autonómicas ata o vindeiro mércores 18 de xuño. As prazas asignadas para este ano por federacións autonómicas son: oito para o País Vasco e Galicia, sete para Castela e León, seis para Asturias, cinco para Cantabria, catro para Navarra e unha para Cataluña, a Rioxa e para o campión da edición anterior (Galicia). A competición consistirá no seguimento dun rastro de xabaril por un equipo formado por un can de rastro, conducido á traílla por un monteiro, dividindo o campionato en dúas probas, unha clasificatoria proba “A” e outra para a final, proba “B”. Na proba “A”, participarán todos os cans distribuídos en dous campos, campo nº 1 para os dorsais impares e campo nº 2 para os dorsais pares. Unha vez concluída a proba A, disputarase a proba “B” participando os 12 cans clasificados, proclamándose campión nacional desta modalidade o participante que máis puntos obteña nesta proba. Ademais, disputaranse a II Copa de España Xuvenil da especialidade, fomentando así a participación de mozos e mozas no deporte cinexético. O XXXII Campionato de España de Rastro sobre Xabaril conta co patrocinio e a colaboración de Browning, Winchester, Miroku, Legia, HART, ISUZU, Avis, Mutuasport, Cinexética, Stop Violencia Xénero, Xunta de Galicia, Remanso, Ventos e rastros, Ríos e Montes Bograo pensos, Colfoman, Silvet, Colibrí, Wildlife “A tiro fixo”, Concello de Tomiño, Solognac, Taller Armería Bergantiños Melide, Comunida de montes de pinzás, FGC Pontevedra, Concesionario Vepersa e Carnicería Florentiña. PROGRAMA Venres 27 de xuño: 19:00h: Recepción dos participantes no “Restaurante Os Outeiros” (Barrio Igrexa, 4, 36746 A Igrexa, Pontevedra). 20:00h: Saída do Restaurante Os Outeiros en autocar en dirección á “Praza do Seixo” en Tomiño para a entrega de dorsais. 21:30h: Cea de benvida (Restaurante Os Outeiros).
Sábado 28 de xuño: 07:30h a 08:15h: Concentración no Restaurante Os Outeiros. 08:30h: Saída dos participantes. 09:00h: Chegada á zona da proba. 09:35h: Comezo da proba. 12:00h: Parada para degustación de taco campero. 13:00h: Comezo da Final do Campionato 15:00h: Comida de clausura do Campionato Restaurante As Outeiro. 17:00h: Entrega de trofeos e premios en Restaurante Os Outeiros, despedida e saída cara aos respectivos destinos. |