![]() |
SAN HUBERTO MAÑÓN |
Juan Carlos Arteche con “Chula de Vilar de Donas” adxudícase o primeiro posto en Mañón |
2025-06-30 |
VI Campionato de Caza San Huberto Concello de Mañón Puntuable para a Copa Galicia da especialidade, o pasado 29 de xuño desputábase unha nova edición do Campionato de Caza San Huberto Concello de Mañón. Grañas de Sor acollía esta proba perfectamente dirixida por Esteban Lorenzo e que, sen dúbida, estivo marcada polas altas temperaturas durante toda a xornada. Proba que contou coa colaboración da Sociedade de Caza Grañas do Sor - Mañón e a Federación Galega de Caza na Coruña. Rematada a proba a clasificación foi a seguinte: 1º Juan Carlos Arteche Castillo coa pointer femia “Chula de Vilar de Donas” e 81 ptos. 2º Jorge Fernández Dobarganes co pointer “Baster de la Tormentosa” e 73 ptos. 3º Enrique Decastro Cañada co pointer “Mecrobio de Torres da Varela” e 56 ptos. A proba contou co patrocinio de Agro A Gándara, Armeria Galega e Arion. |