![]() |
COPA FGC CORUÑA CANS DE PARADA |
O setter “Ralf” de Carnota Ríos foi o mellor calificado en Vimianzo |
2025-06-30 |
Copa FGC Coruña de Cans de Parada “Xunta de Galicia” O pasado 28 de xuño tivo lugar no Tecor de San Vicente de Vimianzo a Copa FGC da Coruña de Cans de Parada "Xunta de Galicia", puntuable para a Copa Galicia da especialidade. Proba organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Vicente Vimianzo. A competición dirixida por Xulián Gandarela trascorreu con total deportividade, con temperaturas elevadas e na que soamente obtiveron calificacións os cans de razas británicas. En Británicos o setter de nome “Ralf" propiedade de José María Carnota Ríos o que obtiña o primeiro posto con calificación de 1º MB. A prata cun 2ºB era para o pointer de nome “Pul de Camp de Lira" propiedade de Jaime Aneiros. O bronce acadabao o tamén pointer de nome “Seuz " de Jaime Aneiros cun 3ºB. Esta Copa FGC contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport. |