![]() |
COPA FGC CORUÑA SAN HUBERTO |
Antonio Costa con “Paiper” gañadores da Copa FGC Coruña de San Huberto |
2025-07-07 |
Copa Federación da Coruña de Caza San Huberto “Xunta de Galicia” en recoñecemento á traxectoría deportiva de José Lugrís Calvo e Serafín Corral Vázquez A FGC da Coruña tivo a ben, o pasado 5 de xullo, celebrar un recoñecemento á traxectoría deportiva de José Lugrís Calvo e Serafín Corral Vázquez. Cazadores, xuíz e deportista sempre moi vinculados á FGC e ás competicións cinexético-deportivas. Esta proba da Copa Federación da Coruña de San Huberto foi puntuable para a Copa Galicia e tivo como campos de competición os terreos do Tecor Venatoria das Pontes. A proba foi dirixida por Cristina Sanmartín e nela participaron preto de 30 cazadores que foron xuzgados por: Jorge Amado, Antonio Fraga, José Manuel Pallas e José Moure, actuando como xuíces auxiliares Xulián Gandarela, Ángel Javier Muíño e Manuel López. Desputado o barrage final o competidor Antonio Costa López que participou co setter de nome “Paiper” acadou a mellor puntuación e foi o campión con 76 puntos. Con 73 puntos, a prata foi para Juan José Canosa Vigo que participou co pointer “Nike”. Lidia Almeida de Oliveira obtivo o terceiro posto co setter “Dilan de Piago” e 61 puntos. Un xantar de irmandade puxo o punto e final a esta proba que tivo como protagonistas a José Lugrís e Serafin Corral, os cale recibiron un agasallo e un emotivo recoñecemento por parte de compañeiros e organización. Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion. |