![]() |
TROFEO CAZARCO |
Arqueiros campións do Trofeo Cazarco |
2025-07-21 |
Proba Trofeo Cazarco de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia” No día de onte, 20 de xullo, arqueiros galegos citáronse na localidade pontevedresa de Candan para desputar a Proba Trofeo Cazarco de Percorridos de Caza con Arco “Xunta de Galicia” organizado polo Clube Cazarco e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra. Na participación de dita proba houbo, como ven sendo habitual, un amplo abano de idade dos arqueiros e arqueiras ata un total de 33 inscritos. Deportistas que se enfrontaron a diferentes propostas con figuras de caza 3D, algunhas destas figuras en movemento e sempre supervisados por xuíces titulados, sendo un campionato puntuable para o Autonómico da especialidade. Na modalidade de arco asistido homes o campión era Eloy Álvarez Couñago, foi seguido de Jaime Villaverde Balado en segunda posición. Ismael Figueroa Vilaboa situábase no terceiro posto da clasificación. En arco tradicional homes o campión era Alfonso Veiga Miranda. O subcampionato recaía en Ricardo Rivas Outeiral e o bronce en Manuel González García. En arco tradicional damas a campiona era Laura Fernández Crespo. En lonbow o campión era Roi Lopez Díaz, seguido de Jacobo Santoro Lorenzo e José García Gómez en segunda e terceira posición, respectivamente. Marina Olveira Amoedo era a campiona en arco asistido damas seguida de Dolores Bugarín Codeseda e Eva Davila Rodal en segunda e terceira posición, respectivamente. En cadetes o primeiro posto era para Serafín Germán Veiga Prieto. Nerea Piñeiro Gago e Carlota Otero Cayetano obtiveron o primeiro e segundo posto, respectivamente, en Junior e o bronce en dita categoría foi para Iria Boullosa Currás. Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport. |