![]() |
PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO |
O campión provincial foi Esteban Lorenzo con“Brisa” e o campión da proba Mario Dios con “Mike” |
2025-07-28 |
XXXVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto "Xunta de Galicia" Na xornada do pasado sábado día 26 de xullo desputouse en Tomiño o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto "Xunta de Galicia" organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “Tomiñesa”. Un campionato moi especial en memoria de Serafín Fontenla Fernández, persoa enormemente querida e vinculada ao ente federativo. A proba foi dirixida por Rafael Sánchez Malvar e sendo de caracter aberto trascorreu en dous campos e un barrage final. O cazador Mario Dios Rodríguez foi o campión da proba e subcampión provincial co can de nome “Mike”. O campión provincial foi Esteban Lorenzo Rey con “Brisa”. O terceiro posto provincial foi para José Ramón Zamora Lorenzo con “Dory”. O campión provincial de springer foi Saturnino Pereira Vidal con “Coco” e a dama campiona da proba foi Lidia Almeida Oliveira con “Dylan”. Acudirán ao campionato galego representando á provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: Esteban Lorenzo, Mario Dios, José Ramón Zamora, Juan Manuel Lorenzo e Ramiro Ramirez. Na clausura e entrega de premios o presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo fixo entrega, a viúva de Serafín Fontenla, dunha placa de recoñecemento polo enorme esforzo e adicación que desempeñou coa caza e o ente federativo durante moitos anos. Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Pensos Os Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |