![]() |
CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO |
Juan Carlos Arteche con “Chula”, Juan José Canosa con “Chispa” e Lidia Almeida con “Dilan” son os novos campións galegos de San Huberto |
2025-08-11 |
XXXVII Campionato Galego de Caza San Huberto “Xunta de Galicia” O pasado sábado, 9 de agosto, tiña lugar o Campionato Galego de Caza San Huberto “Xunta de Galicia” no que Juan Carlos Arteche en masculino, Juan José Canosa en levantadores e Lidia Almeida en donas, resultaban campións despois dunha gran xornada deportiva desputada en Cedeira-Cerdido. Coa organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Asociación Deportiva de Caza e Pesca Cedeira-Cerdido e a Agrupación de Cazadores do Ortegal desputábase esta fase final clasificatorio para o Nacional da especialidade que se desputará, o 27 e 28 de setembro, en Zaragoza. O equipo de xuíces estivo composto por: Antonio Fraga, David Romero, Jose Manuel Pallas e Jose Ángel Seco. José Moure foi o encargado da dirección da proba na que un intenso vento no barrage final foi o máis destacado nun campionato que descorreu sen imprevistos e baixo unha enorme deportividade e amizade. Os participantes repartíronse en 4 campos: tres campos para Homes e un para Donas e Levantadores. O barrage final de Homes, foi desputado polos dous mellores de cada campo, nesta ocasión foron: Juan Jose Canosa, Jorge Martín, Antonio Costa, Edelmiro Leira, Juan Carlos Arteche e Felix Robles. Na categoría Homes o cazador lucense Juan Carlos Arteche Castillo coa femia de pointer “Chula” obtiña a mellor puntuación, 80 puntos, e acadaba o título de campión autonómico da especialidade. Jorge Martín Sánchez, campión da edición anterior, obtiña o segundo posto participando co macho de pointer de nome “Max da Chousa”. O tamén coruñés Juan José Canosa Vigo co pointer “Nike da Chousa” obtiña o bronce, acadando tamén praza para o Nacional da especialidade. A cazadora Lidia Almeida de Oliveira co setter “Dilan de Piago” era, con 63 puntos, a flamante campiona na categoría de Donas. A prata era para Nuria Varela Painceiras co pointer “Alfa” e o bronce para Nicolasa González Carredoguas acompañada do macho de pointer “Trom”. Juan Jose Canosa Vigo coa springer de nome “Chispa” era o campión na categoría de Levantadores acadando un total de 78 puntos. Con 74 puntos o subcampionato era para Edelmiro Leira Pérez con “Javi” namentras que Saturnino Vidal Pereira con “Coco” tíñase que conformar co bronce e 60 puntos. Neste Autonómico de San Huberto tamén se deu a coñecer o Campión da Copa Galicia da especialidade. Nesta ocasión resultou gañador Roberto Dopico Dopico que recibía a placa de campión e un pase directo para o Campionato Nacional da especialidade. Para o Nacional a Selección Galega quedou conformada polos seguintes deportistas: Juan Carlos Arteche, Jorge Martín, Juan José Canosa, Edelmiro Leira, (Campión da Copa Galicia 2025), Saturnino Pereira, Lidia Almeida, Nuria Varela e Nicolasa González. Na entrega de premios e clausura do campionato o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, fixo entrega a Edelmiro Leira Pérez da placa de campión da Copa Galicia da especialidade ao tempo que agradeceu as tarefas realizadas por xuíces e sembradores como pezas clave neste tipo de probas. Remataba o mandatario federativo resaltanto a vital colaboración das Sociedades de caza colaboradoras e desexando á selección galega os maiores éxitos no Campionato de España. Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion. |