TEMPADA DE CAZA 2025/2026
Batidas, media veda e adestramentos
2025-08-14

As primeiras batidas, a media veda e os adestramentos están a piques de comezar e dende a FGC queremos desexarche unha gran tempada de caza... pero, sobre todo, unha tempada segura con Mutuasport.

Tras meses de preparación, chega o momento máis agardado… unha nova tempada xa está aquí… pero sempre a seguridade debe ser o primeiro. Por ti, polos teus compañeiros, polos teus cans e pola contorna.

  • -          Comproba que todos os documentos estén en vigor: seguros, licenzas, permisos, etc
  • -          Revisa a túa arma: limpa, sen obstrucións e con mecanismos en bo estado.
  • -          Amosa visibilidade sempre: chaleco, gorra ou brazaletes reflectores e de cores vivos.
  • -          Elixe ben o posto nas batidas indicándolle a túa posición aos compañeiros máis próximos  
  • -          Non te movas do posto e segue as instruccións do xefe de cuadrilla
  • -          O seguro da arma sempre posto ata o momento de disparar.
  • -          Xa no posto visualizar as posibles zonas seguras de disparo. Unha vez identificado a peza ver os puntos da contorna onde se pode ou non disparar.
  • -          Recolle as vainas e deixa o campo como o atopaches.
  • -          Nestas primeiras xornada as altas temperaturas estarán presentes, a hidratación e esencial tanto para ti como para os teus cans, evita a acción cinexética nas horas centrais do día

Boa caza!