![]() |
MEDIA VEDA E REANUDACIÓN ACTIVIDADE |
Novidades sobre a caza en Ourense |
2025-08-29 |
Tralas xestións realizadas pola Federación Galega de Caza (FGC) esta tivo coñecemento de que a media veda na antiga Lagoa de Antela comezará esta mesma fin de semana tras asinarse a autorización por parte da Xunta de Galicia. Os Tecores que teñen autorización para este período son os pertencentes ás sociedades de Carreiro Ladrón, Xinzo de Limia, Trasmiras, Porqueira, Alto Limia e Rairiz de Veiga. Agardamos que nas vindeiras horas este punto sexa comunicado oficialmente pola Xunta de Galicia. Reanudación da caza Recordar tamén, ante as dúbidas xurdidas no colectivo cinexético sobre a reanudación da caza na provincia de Ourense, que a prohibición recollida RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se prohibe toda actividade cinexética en toda a provincia de Ourense, unha vez desactivado o nivel 2 de emerxencia pola Xunta de Galicia, queda anulada. |