![]() |
CANS PARADA SOBRE PERDIZ EN MONTAÑA |
“Sar do Coto da Neboa” de Francisco Santiago foi o mellor calificada na Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña |
2025-09-08 |
IV Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña “Xunta de Galicia” A Federación Galega de Caza na Coruña celebrou, o sábado 6 de setembro, a cuarta edición da proba de caza práctica en montaña sobre perdiz que se desputou nos Tecores societarios de “Eixil” de Cedeira-Cerdido e “Ortegal” de Ortigueira. A competición transcorreu con total normalidade e as boas condicións climáticas permitiron desfrutar de mostras e guías dos diferentes cans presentados onde os setters foron maioritarios, sendo a Directora da Proba Lidia Almeida de Oliveira. Resultou gañadora a setter inglés “Sar do Coto da Neboa" de Francisco Santiago Rodríguez, coa cualificación de 1º MB. O segundo posto foi para o tamén setter inglés “Nes de Bosende”, de Andrés Pena Vázquez, coa cualificación de 2º MB. O bronce foi para a setter inglés “Dun do Coto da Neboa” propiedade tamén de Francisco Santiago Rodríguez, cunha calificación de 3º B. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |