![]() |
PROVINCIAL CORUÑA COELLO |
Os beagles de Abralde Crujeiras gañadores do provincial coruñés de coello |
2025-09-15 |
Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello "Xunta de Galicia" O pasado 13 de setembro, desputábase a fase provincial coruñesa de Cans de Rastro sobre Coello "Xunta de Galicia". Proba que trascorreu nos terreos dos Tecores de Urogallo e Xubia, sendo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coas Sociedade de Caza de ditos Tecores. Un campionato especial xa que a delegación federativa da Coruña tivo a ben facer un recoñecemento á traxectoria deportiva do cazador e competidor José Manuel Méndez Campos. Baixo a dirección da proba por parte de Secundino Carballo a xornada trascorreu sen imprevistos e os lotes participantes, nos seus respectivos turnos, foron quen de acadar altas puntuacións nas diferentes prestacións froito dos lances destes pequenos rastreadores. Foi o lote propiedade de Fran Abraldes Crujeiras o que acadaba o título provincial participando cos beagles “Truta, Luz, Barero e Luna” e obtendo un total de 525 puntos. O subcampionato recaía en José Javier Suárez Rama participando cos tamén beagles “Vara, Ventín, Tana e Timba” e 522 puntos. O terceiro posto, con 492 puntos, era para o lote de leonados propiedade de Juan José Casal Tato cos seguintes cans “Nube, Cala, Mia e Malu”. A beagle de nome “Timba" propiedade do subcampión José Javier Suárez Rama foi premiado como “Mellor Can da Proba” con 145 puntos. Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Arion e Mutuasport. |