CURSOS DE FORMACION FGC
Comenzan os Cursos de Formación da FGC con máis de 250 cazadores inscritos
2025-10-01

Os cazadores amosan interés pola formación no eido cinexético e mostra delo son os máis de 250 inscritos na edición deste 2025 dos Cursos de Formación promovidos pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Dende o día de hoxe ata o 26 de outubro os alumnos terán dispoñibles no campus virtual da Escola de Caza os diferentes cursos ofertados, sendo na semana do 20 ao 26 de outubre a proba de avaliación final.

Lembrar que o curso de Formación de Responsables de Sociedades de Caza vai pola súa oitava convocatoria acollendo unha temática esencial para a xestión interna e administrativa dunha sociedade de caza. Con 30 horas lectivas este Curso é unha ferramenta vital para, entreoutros, os membros das xuntas de directivas de sociedades.

Na formación da Prevención da Siniestralidade e Seguridade na Práctica Cinexética o alumnado, durante tamén 30 horas lectivas, adquirirán coñecementos relativos a lexislación, seguridade nas cacerías colectivas, novas tecnoloxías e primeiros auxilios. Ao igual que en convocatorias anteriores este Curso vai dirixido a tódolos cazadores e pode evitar ou mitigar danos e situacións indesexables.

Con 10 horas lectivas o terceiro Curso aborda as Enfermidades da Fauna Cinexética, a Saúde Alimentaria e a Xestión de Residuos. Unha formación importante para a manipulación e seguridade no consumo de carne de caza así como a xestión de residuos non comestibles.

Aquela persoa inscrita que precise calquera información adicional ou resolución de dúbidas durante o periodo de formación poderá dirixirse a: escola@federaciongalegadecaza.com