![]() |
| CAZA MENOR LUGO |
| Juan Carlos Rodríguez co setter “Rayo” converteuse no campión lucense de caza menor con can |
| 2025-10-27 |
Baixo a organización da Federación de Caza de Lugo e contando cos terreos e colaboración do Tecor Terra Chá desputouse, o pasado sábado 25 de outubro, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”. Unha proba celebrada baixo unhas condicións climáticas moi propicias e con abundante densidade de caza como sempre acostuma a presentar o terreo cinexético da Terra Chá. Foi o cazador Juan Carlos Rodríguez González o que facía a entrada en control ás 13:30 horas con duas pezas cobradas o que lle reportaban un total de 1.100 puntos e o convertían no novo campión provincial da especialidade. Co mesmo número de puntos pero facendo a entrada en control seis minutos máis tarde, o subcampión provincial era Eladio Rodríguez Vilariño que participou co setter “Jany”. O bronce era para Fernando Telmo Vázquez que obtiña 500 puntos participando co tamén setter de nome “Popy”.
Os cazadores Jesús Paz Penelas e Jaime González Yáñez conformarán, xunto co podio, a selección lucense de Caza Menor para a desputa do Campionato Galego. Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.
|