CAZA MENOR CORUÑA
A fase provincial da Coruña de Caza Menor con Can tivo a Antón Moure e a cadela “Lira” como gañadores
2025-10-27

No Tecor “Ortegal” desputouse o pasado 25 de outubro o Campionato da Coruña de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”, proba organizada pola FGC da Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Caza Ortegal.

A proba contou con Julián Gandarela como Director da mesma e, sendo unha xornada máis de caza, destacar a boa densidade de especies cazables avistadas así como a alta participación.

Foi o cazador Antón Moure Segade acompañado da setter “Lira” o que obtivo o primeiro posto da clasificación e polo tanto adxudicándose o título provincial con 1.100 puntos. Coa mesma puntuación pero en segunda posición remataba Rubén Boquete Varela que participou coa setter “Illa do Rempenin”. Sergio Roca Deibe foi o terceiro clasificado tamén con 1.100 puntos e participando co setter “Chusco”.

A estes tres cazadores acompañaranos na selección provincial Iván Calvo Recarey, Marcos Estévez Rivas e Alberto Boquete Casas.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.