CAZA MENOR OURENSE
Iván Álvarez con “Suri Raiña Loba” campión provincial de Ourense de Caza Menor
2025-10-27

No Tecor de Xinzo de Limia desputábase o pasado sábado 25 de outubro a fase provincial de Ourense de Caza Menor con Can “Xunta de Galicia”. Unha proba que foi todo un éxito organizativo grazas á Federación Galega de Caza en Ourense e a Sociedade de Cazadores do mencionado Tecor.

Unha proba que trascorreu sen imprevistos e na que participantes, cans e xuíces desfrutaron de abondosos lances cinexéticos baixo a dirección de José Castro Rivela.

A maior puntuación, 1.850 puntos, foi acadada polo cazador Iván Álvarez Pena coa setter “Suri Raiña Loba” proclamándose campión provincial deste 2025. O segundo posto era para Jose Luis García Álvarez con 1.560 puntos coa cadela “Xesta”. Jorge Vázquez  Iglesias e a setter “As” obtiñan o bronce con 1.250 puntos.

Xunto con este podio a selección provincial queda composta por Diego López Corbal e Andrés Carrera Ferreiro.

Este campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para O Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion.