CAMPIONATO GALEGO DE CETRERÍA
Campións galegos de cetrería no Tecor Terra Chá
2025-10-28

XXII Campionato Galego de Cetrería “Xunta de Galicia”

O pasado 25 e 26 de outubro desputouse o XXII Campionato Galego de Cetrería “Xunta de Galicia” no Tecor lucense da Terra Chá. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Terra Chá e os concellos de Vilalba e Cospeito.

Baixo unhas condicións climáticas moi propicias tanto na xornada do sábado como na do domingo, na derradeira fin de semana do mes de outubro desputábase unha edición máis do autonómico de cetrería. Un campionato que contou coas categorías de: altanería a pomba lanzada, baixo voo Azores a perdiz, baixo voo Harris a perdiz, pequenas aves a paspallás e man x man (falcóns) a perdiz.

Altanería

Na modalidade de altanería o título era para Javier López con 86,98 puntos. O subcampionato era para Roger Domínguez con 69,65 puntos e o terceiro posto do podio era para Rui Lima con 59,64 puntos.

Baixo Voo

Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.

Na categoría de Azores o campión era Carlos Gil con 60 puntos. Ignacio Orge facíase co segundo posto da clasificación xeral con 59 puntos. O bronce, con 58 puntos, era para Pedro Sanjuan.

En Harris o campión era Ángel Martínez con 47,5 puntos seguido en segunda posición por Evaristo González con 38 puntos. O terceiro caixón era para o cetreiro José Villaverde con 35,5 puntos.

Man x Man

Diego Fernández era o campión desta categoría con 50,5 puntos seguido moi de preto, xa en segunda posición, por Ignacio Orge con 47 puntos. O bronce era para Evaristo González con 39.5 puntos.

Pequenas Aves

Na categoría de Pequenas Aves resultaba campión Evaristo González con 42,25 puntos. O subcampionato era para Ignacio Orge con 41,75 puntos e o bronce era tamén para o cetreiro Evaristo González con 34,5 puntos. 

Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport.