![]() |
| SELECCION GALEGA AGILITY |
| Grandes resultados da Selección Galega no Nacional de Agility |
| 2025-11-05 |
A pasada fin de semana, o Centro Hípico “O Asturcón” (Guyame, Oviedo) converteuse no epicentro nacional do Agility coa celebración do XI Campionato de España, unha proba organizada pola Real Federación Española de Caza (RFEC) e a Federación Asturiana de Caza, que bateu todos os récords de participación con máis de 600 cans rexistrados e 1.500 asistentes. Baixo a coordinación do delegado nacional de Agility, Luis Alberto Pereira, a competición contou con categorías Individual, por Equipos e Absoluta, ademáis de Junior, Senior, Máster e Paragility, nas clases 20, 30, 40, 50 e 60, reflectindo a amplitude e diversidade desta disciplina. En total, participaron dous competidores de Paragility, 34 infantís, 48 xuvenís, 45 senior e máis de 421 en categoría absoluta, xunto a 61 equipos. Galicia voltou a colleitar grandes éxitos grazas a calidade dos deportistas que conformaban a selección galega nesta disciplina. Destacamos os seguintes resultados dos participantes da nosa comunidade: · 1º Campión: Manuel Santomé González con Xabre do Clube Agility Tercans en senior clase 50 · 1º Campión por Equipos: Club Thunderdogs Galicia categoría 20-30-40 (Andrea Ferro Conde, César Martínez Bouzón e Roberto Blanco Vicente ) · 2º Subcampión: Iker Santos Cabo con Mia do Clube Agility Ourencan na categoría máster e absoluta clase 20 · 2ª Sia Andrade con Ary do Clube Agility The paws by Patas na categoría infantil clase 40 · 3º Bronce: Manuel Santomé González con Xunco do Clube Agility Tercans na categoría máster clase 60 e absoluta 60 · 3ª Bronce: Candela Torres López con Zeus do Clube Agility Diverticans na categoría xuvenil clase 30 · 3º Bronce: Rafael Saavedra Otero con Katnis do Clube Agility Thunderdogs Galicia na categoría xuvenil clase 60 Galería fotográfica e todos os resultados en: https://bit.ly/4oOYT4X |